Cantos de Taberna
2021
Barrantes
Foi para nós un pracer poder voltar a cantar e tocar na tarde de onte, despois de tantos meses sen poder facelo. Agradecemos ao Concello de Ribadumia e á organización que contasen con nós para participar na "I mostra de cantos de furanchos" celebrada onte en Barrantes con motivo da Festa do Viño Tinto do Salnés. Un abrazo aos compañeiros das agrupacións coas que compartimos escenario "Muiñeiros do Sarela" e "Vento Mareiro". Esperamos vernos pronto. A CULTURA É SEGURA🥳
Festas
A Gracia
O Domingo 13 de Xuño estivemos tocando na iglesia de San Silvestre en honor a San Antonio. Moitas grazas á comision de festas por contar outro ano con nos e grazas aos bailadores, e por suposto a toda a xente que se acercou. 💚
San Cristovo de Enfesta
Imaxes do pasado fin de semana no San Cristovo de Enfesta. Estamos moi agradecidos coa comisión de festas por contar un ano máis con nós e dámoslle a noraboa por traballar tanto para seguir mantento viva a festa en tempos tan dificiles.
Santa Cristina de Nemenzo
Festa en Santa Cristina de Nemenzo este ano 25 de Xullo onde volvemos despois de que no ano 2020 o coronavirus non nos deixara vir a facer festa co grupo de Pandereteiras e ca nosa charanga. Moitas gracias por contar con nós, por moitos máis 💚🎶🎼🎉
Suevos (Arteixo)
Este Domingo 1 de Agosto tocounos ir ata Suevos (Arteixo) onde coñecimos unha pequena aldea, a cal é moi peculiar polas grandes costas que ten. Foi un pracer para nós tocar por todas as casas da parroquia e esperamos vernos pronto. Moitas gracias á comisión de festas de Suevos por contar con nós! 💚🎶
Casas Novas
Arrancamos septiembre e comezamos o mes nunha parroquias do Concello de Santiago chamada Casas Novas onde o pasado Domingo 5 celebrouse unha festa en Honor a Virxe do Socorro. Quedamos moi contentos de que contarades con nos e vemosmos para a próxima.
Moitas grazas á comisión e a parroquia por acollernos tan ben.
Xavestre
Segunda actuación do mes!!!! E desta vez polos arredores de Oroso. Este Domingo 12 fumos ata Xavestre, onde a comisión contou con nós para amenizar o alzar e a salida da misa. Moitas gracias a todos os presentes e á comisión de festas de Xavestre🎶🤭
90 sem
Vodas
A Gracia
O fin de semana pasado foi o terceiro fin de semana do mes e a terceira actuación do grupo pola zona de Santiago, así facendo o Sábado un percorrido pola aldea e amenizando a salida da misa e o Domingo acompañando ao rosario. Moitas grazas a comisión de festas da Gracia por contar con nós outro ano mais.
Vémonos para o ano!🎉🥰
Casa rural Antón Veiras de Poulo
A mediodía de onte pasamola na Casa Rural Antón Veiras de Poulo (Ordes), dándolle unha sorpresa a unha parella no día do seu casamento. Moitas grazas por compartir un momento tan especial con nós, espero que o disfrutarades moito! Vivan os noivos🎉💍👏🏻
Outras
Touro
Este sábado pasado estivemos tocando pola tarde nunha reunión familiar no Concello de Touro. Mentras nós tocábamos, a xente estaba entregada bailando peza tras peza, e eso é algo que nós nos gardamos dentro, sempre gardando as medidas de seguridade necesarias. Moitas grazas por contar con nós e esperamos que o pasarades moi ben!!!☺️🥰